O Incio retoma o Festival Terra Brava o próximo 13 de agosto

SarriaXa
El Festival Terra Brava recupera su actividad el próximo 13 de agosto en O Incio. Tras años de parón la cita tendrá en su cartel a Ruxe Ruxe.
ruxe ruxe
26 Feb 2022

O Incio recupera, tras dous anos de parón, o Festival Terra Brava. Esta cita será o vindeiro 13 de agosto no municipio. Esta cita de música tradicional e popular contou nas súas anteriores edicións con sesión vermú, almorzo popular, actividades para nenos e, a noite, concertos de grupos tradicionais galegos.

Polo de agora, os organizadores tan só confirmaron o primeiro grupo que formará o cartel da edición deste ano 2022. Será Ruxe Ruxe unha agrupación musical de Aríns que leva en activo dos anos 90. As súas actuacións de música rock combina con sons tradicionais galegos.

Terra Brava é o festival de música máis antigo da comarca de Sarria. A última das súas edicións cambiou a súa localización tendo lugar nunha carballeira na estrada do Incio a Óutara.

Esta celebración súmase ao ciclo de festivais que se están retomando despois da situación dos últimos anos. Outro festival que retoma a actividade é o Esmorga Fest que terá lugar o 1 e 2 de abril.

0.11851787567139