O Incio será o Concello homenaxeado na XLV Feira do Viño de Amandi

SarriaXa | RibeiraSacraXa
O Incio terá un dobre protagonismo durante esta edición da feira, xa que a cantante Lucía Perez será a encargada de dar o pregón
presentacion-xlv-feira-viño-amandi
Imaxe da presentación da XLV Feira do Viño de Amandi
19 Mar 2025

O Incio contará este ano cun dobre protagonismo durante a XLV Feira do Viño de Amandi, que se celebrará os días 11, 12 e 13 de abril en Sober. Por unha banda, será o concello homenaxeado nesta edición e, por outro lado, a cantante Lucía Pérez será a encargada de dar o pregón o domingo, 13 de abril.

Ademais, Lucía Perez, dará tamén un concerto que terá lugar o día 12 ás 21.30 horas, seguido da actuación dos Gin Toni’s, poñendo así o peche final á festa do sábado.

Programa completo XLV Feira do Viño de Amandi

Venres 11 de abril:

  • 19.30 horas: inauguración a cargo da Adega A Cividade.
  • 20.00 horas: actuación da batucada X de L.
  • 22.30 horas: actuación de Louband.

Sábado 12 de abril:

  • 11.00 horas: apertura de stands.
  • 11.30 horas: actuación dun grupo de música tradicional (programa Tradigalu).
  • 12.30 horas: actuación da Banda de Música de Sober.
  • 17.00 horas: inicio da precata oficial.
  • 18.30 horas: batucada Baturruca.
  • 21.30 horas: concerto de Lucía Pérez.
  • 23.00 horas: actuación de Gin Toni’s.

Domingo 13 de abril:

  • 10.45 horas: actuación da Charanga NBA.
  • 11.00 horas: pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
  • 11.30 horas: cata final oficial e misa solemne con bendición de ramos.
  • 13.00 horas: pregón a cargo de Lucía Pérez.
  • 13.30 horas: entrega de premios.
  • 19.30 horas: baile coa orquestra Los Satélites.
⚙ Configurar cookies
0.73911094665527