O Incio terá unha nova subestación para a electrificación do ferrocarril no 2023

SarriaXa
O concello do Incio terá unha nova subestación para a electrificación do ferrocarril no 2023 cun investimento de máis de 4 millóns de euros
electrificacion ferroviaria
31 Aug 2022

Cun orzamento de máis de 4 millóns de euros, está previsto que para o ano seguinte, o concello do Incio poida ter xa instalada esta rede eléctrica que se situará xunto ao corredor Nadela-Monforte, na saída de Magnesitas de Rubián.

A construción desta nova liña eléctrica afectará de forma directa a catorce propiedades do municipio.

Esta actuación, executada pola Rede Eléctrica de España, ten como principal obxectivo establecer unha liña aérea de dobre circuíto e de case medio quilómetro de lonxitude, que conectará a rede actual coa subestación de transporte de enerxía denominada O Incio.

Cun investimento de máis de 4 millóns de euros por parte da Rede Eléctrica de España, estanse a executar os diferentes permisos necesarios para levar a cabo a obra.

Segundo o Diario Oficial de Galicia, o prazo de posta en marcha das instalacións será de doce meses a contar dende a data do derradeiro permiso administrativo necesario para os traballos. A compañía tamén solicitou unha licenza municipal, que está pendente de concesión.

A obra está incluída no plan de desenvolvemento da rede de transporte de enerxía, aprobado polo Consello de Ministros o pasado mes de marzo prevé varias actuacións ata 2026 entre elas, traballos que impulsarán a electrificación do transporte ferroviario do eixo Vigo – Ourense – Lugo - A Coruña.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12093305587769