O Incio Terra Brava C.F. celebra o seu décimo aniversario cunha cea baile aberta a xogadores, técnicos e afeccionados

O Incio Terra Brava C.F. celebrará o 18 de outubro unha cea especial con motivo do seu décimo aniversario. O evento, que terá lugar no Local Multiusos a partir das 21:00 horas, combinará gastronomía e baile nunha xornada aberta a todos os xogadores, técnicos e afeccionados que acompañaron ao club ao longo desta década.
A organización puxo á disposición dos asistentes diferentes opcións de reserva, que poden realizarse na ferretería O Garabato ou chamando aos teléfonos de contacto habilitados. O prezo da cea é de 25 euros para adultos, 15 euros para nenos de 6 a 12 anos, mentres que os menores de 5 anos poderán asistir de forma gratuíta.
Desde a directiva destacan que esta celebración busca ser un punto de encontro para todas as persoas que teñen formado parte da historia do equipo, así como unha oportunidade para fortalecer os lazos entre a afección e o club nunha data tan significativa.