O libro 'Anotacións para a Historia' será presentado por Ángel Fernández en Paradela
SarriaXa
Ángel Fernández López, paradelense e Fillo Predilecto do Concello de Paradela, presentará o seu libro 'Anotacións para a Historia' o próximo día 19 de abril.
12 Abr 2024
Ángel Fernández López, paradelense e Fillo Predilecto do Concello de Paradela, presentará o seu libro 'Anotacións para a Historia' o próximo día 19 de abril.
O Centro Cultural Manuel Orestes Rodríguez-López será o escenario escollido para acoller esta presentación, que terá lugar ás 18.00 horas coa participación do propio autor e representantes do Goberno local.
Todos os veciños e veciñas interesados en coñecer a historia do paradelense que foi recoñecido como Fillo Predilecto de Paradela en 2002, poderán facelo achegándose ao centro cultural do municipio de forma gratuíta.