O libro 'Breicar en el Camino de Santiago' de Mirella López está ambientado en Triacastela

SarriaXa
O libro 'Breicar en el Camino de Santiago' de Mirella López está ambientado en Triacastela e foi presentado no Vello Cárcere
Breicar do Camiño
2 Abr 2023

Mirella López Díaz, veciña de Triacastela, presentou o seu libro "Breicar en el Camino de Santiago" no Vello Cárcere.

Este libro, ambientado en Triacastela, fala de aventuras, mensaxes ocultas, encontros, lendas, sobresaltos e sorpresas no que, ademais de fantásticas aventuras dun grupo de amigos, os lectores viaxarán polo Camiño Francés, o itinerario xacobeo con maior tradición histórica e o máis recoñecido internacionalmente.

Sinopse

"As vacacións de verán empezaron e en San Breixo, unha tranquila aldea do municipio de Triacastela en Lugo, dous irmáns están a piques de vivir, por casualidade, unha das mellores aventuras da súa vida.

Todo comeza unha mañá cando atopan o gravado dunha bolboreta na súa árbore preferida e, coa axuda dalgúns amigos, inician o Camiño de Santiago en busca do un libro perdido".

Breicar do Camiño
0.1904628276825