O libro 'Los zapatos del lobo' de Sonia Arias presentarase este venres en Sarria
SarriaXa
A paradelense Sonia Arias López presenta o seu libro ‘Los zapatos del lobo’ este venres 15 de marzo na biblioteca pública municipal de Sarria.

14 Mar 2024
A paradelense Sonia Arias López presenta o seu libro ‘Los zapatos del lobo’ este venres 15 de marzo na biblioteca pública municipal de Sarria.
Acompañada por José Carlos Ulloa García, representante do Concello, así como pola escritora e editora Isabel Montes, a autora presentará a súa obra.
Todas as persoas interesadas en participar deste evento poderán facelo achegándose á Casa da Cultura ás 20.00 horas deste venres de maneira gratuíta.