O local do Buril acolle este venres o Warm-Up do Napalm Fest con catro bandas de metal

SarriaXa
O inicio do evento está previsto para as 21:00 horas, coa apertura de portas do local, e o prezo da entrada será de 10 euros
Buril-ACDE
17 Apr 2025

A Asociación Buril de Sarria organiza este venres, 18 de abril, unha potente noite de música rock e metal como preludio do Napalm FEST – Southern Edition, un evento que promete facer vibrar ao público máis apaixonado do xénero.

O local do Buril será o escenario do Warm-Up do Napalm Fest, que contará coa participación de Aeolian, unha banda de Melodic Black Death procedente de Mallorca; God’s Funeral, grupo de Doom Death Metal chegado desde Tarragona; Elefantes Mutilados, formación galega de metal afincada en Caldelas de Miño; e Cividade Hill, banda de Metalcore natural de Bueu.

O inicio do evento está previsto para as 21:00 horas, coa apertura de portas do local, e o prezo da entrada será de 10 euros.

Desde a Asociación Buril animan a toda a veciñanza e amantes do metal a achegarse a este encontro, que servirá como quecemento perfecto para o Napalm Fest e como mostra do bo momento que vive a escena underground no país.

⚙ Configurar cookies
0.1439049243927