O Lotón de Sarria repartiu mil euros a Mónica Aira Pol

SarriaXa
Mónica Aira Pol foi a gañadora do sorteo do Lotón do Centro Comercial Urbano de Sarria - Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionales e Autónomos de Sarria (ACES) grazas a unha compra en Cris Abad.
3 Xan 2024

Esta campaña da sétima edición do Lotón prolongouse desde o pasado 15 e ata o 31 de decembro, tempada na que todas as persoas interesadas en participar puideron facelo mercando nos establecementos adheridos á asociación.

O Lotón repartiu así mil euros a Mónica Aira, que premian a fidelidade dos consumidores no pequeno comercio do municipio sarriao.

0.14585494995117