O lucernario do Concello do Incio será substituído por un novo

SarriaXa
Ademais, desde o Goberno local actuarase sobre a cuberta do local que se atopa entre o consistorio e o antigo mercado
casa-do-concello-de-O-Incio
23 Maio 2024

A Xunta de Galicia concedeulle ao Concello do Incio unha subvención de 18.000 euros, que o Goberno local utilizará para reparar o lucernario da casa do Concello e a cuberta dun local.

O lucernario, que é de policarbonato, está bastante deteriorado, xa que o material foise degradando co paso do tempo e sufriu danos por unhas tormentas de saraiba, polo que o substituirán por outro novo, pero manténdoo en policarbonato.

Pola súa parte, o local situado entre o consistorio e o antigo mercado gandeiro, que serve de brigada contra incendios no verán, tamén será obxecto de melloras, xa que se quitará a actual cuberta de fibrocemento e porase unha de panel sándwich.

As obras son financiadas con cargo a unha liña de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos do Instituto de Estudos do Territorio, organismo dependente da Administración autonómica galega.

Por outra banda, desde o Goberno local teñen pendente sacar a licitación estas obras e a contratación de varias obras, como as do plan Deputación deste ano.

0.18413400650024