O lume e a tradición volven a Sarria co Correfoc da Noite do Lume 2025

SarriaXa
Nesta edición, o Correfoc contará cun acompañamento moi especial: a música tradicional da Asociación Cultural Peleriños
San-Xoán-Sarria
23 Jun 2025

Este luns, 23 de xuño, a vila de Sarria volverá acenderse co Correlume da Noite do Lume 2025, un espectáculo de lume e pólvora a cargo da compañía Dimonis de la Plana, que regresa á localidade galega con motivo das festas patronais de San Xoán.

Trátase do evento no que máis membros do grupo se desprazan fóra da Comunidade Valenciana ao longo do ano, destacando así a importancia e singularidade desta cita en Sarria.

Nesta edición, o Correfoc contará cun acompañamento moi especial: a música tradicional da Asociación Cultural Peleriños, que achegará sons galegos a un espectáculo que mestura folclore, lume e celebración.

Mentres tanto, o resto da colla estará na súa terra natal, Almazora, onde participarán tamén no Correfoc de San Xoán na Praza Botànic Calduch o sábado 21 de xuño e, simultaneamente ao evento de Sarria, no Correfoc da praia de Almazora a noite do mesmo luns 23.

⚙ Configurar cookies
0.14444422721863