O luns abre o prazo para inscribirse no Programa de Conciliación Escolar de Sarria

SarriaXa
Este programa, que se levará a cabo desde o 11 de setembro ao 20 de xuño conforme o calendario do curso escolar 2023-2024, está destinado a alumnado da vila
colexio-Frei-Luís-de-Granada-Sarria
16 Ago 2024

O Concello de Sarria vén de anunciar que, a partir do día 19 de agosto, xa se poden presentar as solicitudes para que as familias que o precisen poidan participar do Programa de Conciliación Escolar Sarria Concilia 2024/2025.

Este programa, que se levará a cabo desde o 11 de setembro ao 20 de xuño conforme o calendario do curso escolar 2023-2024, está destinado a alumnado nado entre os anos 2012-2021 (ambos inclusive), escolarizados nos centros públicos do Concello de Sarria.

Desta maneira, o servizo desenvolverase no CEIP Frei Luís de Granada, no CEIP Antonio Fernández de Oural e na EEI Xela Arias.

As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo ata o 23 de agosto e a publicación provisional da listaxe de solicitudes admitidas será o 29 de agosto; mentres, a emenda de faltas ou presentación do documentación preceptiva será do 30 de agosto ao 3 de setembro e, de novo, a publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido será o 5 de setembro.

Ademais, as familias terán de prazo para facer o pagamento desde a publicación da listaxe definitiva ata o 11 de setembro, que é cando comeza o servizo. E este pagamento poderase realizar mediante a domiciliación bancaria ou mediante transferencia ou ingreso na conta bancaria, de titularidade municipal, que figura no punto 8 das bases.

0.18335604667664