O mago Bruno Tarnecci participará do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria
SarriaXa
Recoñecido nacional e internacionalmente, estará por primeira vez no evento que se celebrará en agosto
21 Xul 2024
O XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria contará, ademais dos 20 artistas xa anunciados polo organizador Roberto Lolo, con Bruno Tarnecci, que estará por primeira vez no evento e en Sarria.
Así, Roberto Lolo descríbeo como “unha das maiores sensación mundiais da maxia, recoñecido polo seu estilo único, onde combina elementos visuais con técnicas de prestixitación”.
Ademais, Lolo destaca que foi recoñecido a nivel nacional e internacional con diferentes galardóns, como o FISM, un dos máis altos recoñecementos da maxia mundial; así como recibiu o Premio Nacional en España.