O mago Roberto Lolo promove un novo espectáculo de maxia en Sarria

SarriaXa
A actividade contará coa participación do recoñecido mago Román García, que sorprenderá ao público con espectaculares trucos e ilusións
Roberto-Lolo-en-Adarve-Sarria
13 Feb 2025

O espazo Adarve acollerá o vindeiro sábado 22 de febreiro un evento de maxia promovido polo mago Roberto Lolo. A iniciativa ofrecerá dous espectáculos diferenciados: un show infantil ás 18.30 horas e outro dirixido a adultos ás 22.30 horas.

A actividade contará coa participación do recoñecido mago Román García, que sorprenderá ao público con espectaculares trucos e ilusións. O show de adultos realizarase nunha sala exclusiva con aforo limitado a 60 persoas.

A entrada ten unha achega simbólica de 5 euros por persoa e por cada show, destinada a apoiar o labor do mago. Para garantir un lugar no evento, recoméndase reservar con antelación a través de WhatsApp no número 663 340 067.

Esta iniciativa busca dinamizar a oferta cultural da vila e achegar a maxia a todos os públicos, grazas á organización e impulso do mago Roberto Lolo.

 

0.17746186256409