O mago Samuel Moreno protagonizará o próximo evento máxico no Adarve de Sarria
SarriaXa
O promotor da iniciativa, Roberto Lolo, convida a toda a veciñanza a participar do espectáculo infantil e do de adultos, que serán en horas distintas
11 Dec 2024
Volve a Maxia a Sarria o vindeiro sábado, 21 de decembro, da man do mago sarriao Roberto Lolo, que organiza unha serie de espectáculos de maxia no Adarve de Sarria.
Nesta ocasión, o convidado é Samuel Moreno, que tamén estivo no Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria este pasado mes de agosto, achegando a súa maxia a nenos e maiores.
Así, haberá dúas sesións de maxia, unha ás 18.30 horas cun show infantil, e outra ás 22.30 horas co show de adultos. As dúas terán un custo de 5 euros por persoa e haberá que reservar un sitio a través do Whtsapp 663 340 067.