O Mago Teto actuará este xoves no CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela
SarriaXa
A actividade está enmarcada no programa Cultura no Camiño 2024 da Xunta de Galicia

19 Jun 2024
O Concello de Paradela acolle, este xoves, unha nova actividade de ocio e lecer para os máis pequenos e pequenas do municipio e as súas familias.
Así, a actividade enmarcada no programa Cultura no Camiño 2024 da Xunta de Galicia, o CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela acollerá a actuación máxica do Mago Teto este xoves, 21 de xuño, ás 11.00 horas.
Todas as persoas interesadas en acudir poderán facelo de maneira gratuíta, xa que é unha xornada dedicada á comunidade educativa.