O mal tempo obriga a aprazar a V Carreira da muller Vivas e Visibles de Sarria
Adiada a V Carreira da muller Vivas e Visibles que tería lugar este sábado 12 de marzo en Sarria. Nos próximos días o Concello fará pública a próxima data, as persoas rexistradas manteranse na nova data. O aprazamento ven dado polo mal tempo prognosticado para este sábado.
Esta carreira terá dúas modalidades, corredores e andaina facilitando así a participación a todos os veciños independentemente do seu fondo físico.
A proba absoluta disputarase sobre un circuíto de asfalto e sendeiros de area, mesturando zona urbana con natureza cunha volta de 5km con apenas desnivel. A saída terá lugar no bulevar de Calvo Sotelo, a meta estará no Malecón do río debidamente sinalizada.
Contará con diferentes categorías onde serán premiados os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres da Carreira con trofeos e, os tres primeiros de cada categoría na Andaina cunha medalla.
Haberá camiseta técnica coa imaxe do evento para os 300 primeiros inscritos. A carreira será cronometrada por chip.
A carreira conta con 162 inscritos mentres que a andaina ten 292.