O matadoiro municipal de Sarria reabre tras unha reparación provisional á espera de novas pezas

SarriaXa
O Concello investirá 7.000 euros na instalación de dúas válvulas, un vaso de expansión e un reductor de presión para garantir o funcionamento estable da caldeira
matadoiro-Sarria-lateral
13 Sep 2025

O matadoiro municipal de Sarria volveu abrir as súas portas despois de case dous meses de peche provocado por unha avaría na caldeira. O fallo produciuse por mor dunha válvula obstruída, o que obrigou a interromper a actividade ata que se realizou unha reparación provisional que permite retomar o servizo mentres se agarda pola chegada de dúas novas válvulas de substitución.

As pezas están en trámite de recepción e serán instaladas nas próximas semanas, xa que ademais dunha válvula inutilizada tamén existe risco de fallo noutra polo seu desgaste. Coa intervención definitiva, o Concello instalará tamén un vaso de expansión para descargar o termo en caso de exceso de presión e un reductor de presión, co obxectivo de reforzar a seguridade e evitar novas incidencias.

En total, o investimento previsto ascende a 7.000 euros, unha cifra coa que se pretende garantir a apertura estable e definitiva do matadoiro municipal tras un tempo prolongado de inactividade.

⚙ Configurar cookies
0.16145205497742