O médico Don Enrique Cajiao será homenaxeado nunha comida en Láncara este domingo
SarriaXa
O Concello de Láncara organiza unha comida e homenaxe a Don Enrique Cajiao este domingo, 17 de setembro, pola súa xubilación despois de 34 anos de servizo en Láncara como médico.
16 Sep 2023
O Concello de Láncara organiza unha comida e homenaxe a Don Enrique Cajiao este domingo, 17 de setembro, pola súa xubilación despois de 34 anos de servizo en Láncara como médico.
"Dende o Concello e en colaboración con todas as Asociacións e os establecementos hostaleiros queremos brindarlle a homenaxe que se merece", sosteñen desde o goberno local e animan a todos os veciños e veciñas a participar desta iniciativa.
Así, a comida terá lugar no Campo da Feira da Pobra de San Xiao a partir das 14.00 horas e para poder participar da comida popular haberá que mercar a entrada en varios establecementos colaboradores.