O mercado solidario do Incio terá lugar hoxe 22 de xaneiro

SarriaXa
O Incio acogerá hoy sábado 22 de enero un mercado solidario. Los fondos recaudados irán destinados a Hospitaleros sin fronteras.
feira incio
22 Xan 2022

Hoxe, sábado 22 de xaneiro o Incio achega aos seus veciños e a todos aqueles que queiran participar un mercado solidario a favor de Hospitaleros sin Fronteras que ten a sede na vila de Sarria.

O horario do rastro será de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 no mercado gandeiro. Aquí poderanse adquirir diversos artigos coma xoguetes, roupa, libros, etc.

A elección da data é estratéxica, xa que ao coincidir coa data habitual da feira do Concello espérase maior afluencia de xente e polo tanto maior recadación. Esta cita está organizada pola Asociación As Xeitosas e os fondos serán destinadas ao proxecto de axuda aos nenos mendigos de Senegal.

TALIBÉS
Coñécese como talibés aos nenos cuxos pais, ao non poder mantelos, déixanos nas daaras que son as escolas coránicas tradicionais. En moitas delas, son obrigados polos seus mestres coránicos, a mendigar polas rúas das cidades de Senegal, país de maioría musulmá. Algúns son vítimas de explotación infantil e moitos son golpeados, se non levan ao mestre a cantidade de diñeiro estipulada. Os que non poden aguantar a situación escápanse da daara e convértense en nenos da rúa. Os nenos talibés sempre van acompañados de latas e cubos cos que mendigan.

0.1081428527832