O mercado solidario Melicounda Teranga de Hospitaleros Sin Fronteras foi un éxito
O mercado solidario Malicounda Teranga acolleu visitantes durante toda a xornada do sábado, 3 de xuño, que abriu desde as 12.00 ata as 21.00 horas.
Os organizadores, do colectivo Hospitaleros Sin Fronteras, explican que “estamos moi contentos porque, en comparación co ano pasado, este houbo moita participación de xente de aquí de Sarria e de fóra”.
Ademais dos postos do mercado solidario, tamén organizaron dous concertos, un de Abraham Cupeiro e outro de Tandub, e ámbolos dous estiveron cheos. No caso do de Abraham Cupeiro, vendéronse as 250 entradas que había para velo e o diñeiro recadado irá destinado aos nenos de Senegal cos que colabora a entidade.
O único malo do día, sosteñen, foi o mal tempo, que “xusto entre as 16.00 e as 17.00 horas comezaban as actividades infantís e tivemos que recoller un pouco debido á chuvia”. Porén, sosteñen que as ganas fixeron que “remontáramos enseguida”.