O MGR CB Sarria enfrontarase contra o Celtas de Foz esta tarde

SarriaXa
Esta tarde, a partir das 18.
CB Sarria
23 sep 2023

Esta tarde, a partir das 18.00 horas, terá lugar a primeira xornada do baloncesto sarriao ao enfontarse o MGR sénior masculino CB Sarria contra o Celtas de Foz, estreando así a tempada 2023-2024.

Este partido terá lugar no pavillón Novo Chanto, en Sarria, onde o CB Sarria conta cunha gran marea amarela que estará animando aos rapaces do club deportivo para animarlles a gañar a primeira xornada, que definirá o resto da tempada.

Neste partido da segunda división masculina de baloncesto, enfrontaranse dous grandes equipos con fortes afeccións que farán vibrar o pavillón durante dúas horas, polo que desde os distintos equipos din que esperan ver moita afluencia de xente.

cb sarria vs celtas foz
0.1742250919342