O monte de Toca acolle a primeira actividade do ciclo ambiental cunha ruta micolóxica

SarriaXa
A iniciativa, promovida pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, a Cruz Vermella e a Comunidade de Montes de Toca, busca poñer en valor este espazo natural
micoloxía-Sarria
8 Oct 2025

O monte de Toca, situado no concello de Samos, será o escenario 0 domingo 19 de outubro da primeira actividade do ciclo ambiental impulsado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), en colaboración coa Cruz Vermella e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Toca.

Trátase dunha ruta micolóxica guiada polo experto Julián Alonso, da Sociedade Micolóxica Lucus, que permitirá descubrir a diversidade de fungos que habitan neste espazo de alto valor natural.

A riqueza de hábitats do monte de Toca, que combina prados e bosques de frondosas, favorece a presenza de múltiples especies micolóxicas asociadas.

A actividade desenvolverase entre as 10:15 e as 14:30 horas e está pensada para todos os públicos, cun nivel de dificultade baixo, co obxectivo de achegar a veciñanza e visitantes ao fascinante mundo dos cogomelos.

Esta xornada insírese no acordo asinado no ano 2022 entre a AGCT, a Comunidade de Montes de Toca e a Cruz Vermella, que persegue a restauración e conservación de áreas afectadas polos incendios forestais.

⚙ Configurar cookies
0.11962699890137