O Multiusos do Incio será o escenario dun taller de cerámica o 22 de novembro
SarriaXa
A actividade, impartida por Amparo Escrich Albentosa, permitirá crear un set de aperitivos persoalizado nun obradoiro de tres horas

15 Nov 2025
O Concello do Incio organiza un taller de cerámica que se celebrará o venres 22 de novembro ás 17.00 horas no Edificio Multiusos.
A duración aproximada será de tres horas, nas que as persoas participantes poderán crear o seu propio set de aperitivos.
O curso será impartido por Amparo Escrich Albentosa e terá un prezo de 32 euros, cos materiais incluídos.