O municipio de Láncara acolle a primeira edición da Festa do Emigrante

SarriaXa
O municipio de Láncara acolle hoxe a primeira edición da Festa do Emigrante con actuacións de distintos grupos musicais
emigrante lancara
22 Xul 2022

Hoxe día 22 a partir das 23.00 horas, poderase desfrutar en Láncara das actuacións dos grupos A Roda e Carta de Ajuste, con motivo da Festa do Emigrante. Terán lugar diante da casa Enriqueta do municipio.

A delegación de Cultura do Concello vén de organizar distintos actos para estes meses de verán entre os que se atopa esta iniciativa. As actividades continuarán no mes de agosto con xogos acuáticos o día 6 en A Pobra de San Xiao, localidade que o día 13 albergará tamén a Festa da Troita. Pola súa parte, o día 19 será a Festa da Xuventude cos grupos Beatriz e Punto Clave.

Por outra banda, o 26 clausuraranse os campamentos de verán para nenos cunha festa da espuma e karaoke infantil na capital municipal. Estes campamentos desenvolveranse durante todo o verán, dende o 1 de xullo. O 27 de agosto haberá unha actuación sorpresa, segundo informaron dende o Concello.

E xa en setembro celebraranse os paseos guiados polo municipio, aínda que todavía están por pechar os días. Ese mesmo mes, o 2, terá lugar a Festa da Troita en Láncara, Armea, Muro e Cedrón.

0.082564115524292