O mural de Mon Devane en Triacastela pode ser seleccionado como o mellor do ano 2021

SarriaXa
El mural de Mon Devane de Triacastela es uno de los 100 seleccionados como los mejores a nivel mundial del año 2021.
mon devane triacastela
18 Xan 2022

The Best of 2021 Street Art Cities é unha plataforma global que ten como misión promover e documentar o arte urbano no mundo. Están activos en case 900 cidades con máis de 37.000 obras de arte. Durante o último ano, fóronse compartindo os murais e traballos acadando como resultado unha selección das 100 obras de arte máis populares do 2021. Esta lista global conta con rincóns de todo o planeta, dende Dinamarca ata Sudáfrica.

A través dunha enquisa realizada en internet pódese votar pola mellor obra ata o 6 de febreiro.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfYEDuRxZUgQHAacmQzRZfXScJUx1X49pKRp4Mwfv2RPmEQ4g/viewform?fbclid=IwAR1hcNrZDP9b3nxSI1tMgYDDMW7wKFd_-Mfpq9w0T5GTcHLi0z_k7SEOZMA

O mural realizado por Mon Devane en Triacastela, forma parte desta selección e ten a oportunidade de ser o gañador. Este, forma parte dunha exposición fixa que o artista realizou en diferentes puntos do Camiño de Santiago e que consta de sete murais enormes, na que, representa a unha das persoas significativa da zona. As obras desta exposición permanente están situados no rural galego.

O artista inmortalizou en Triacastela a Xermán Arias, un lutier de Vilei que se encarga de fabricar e arranxar instrumentos musicais de corda dende o seu taller na vila de Sarria.

0.1754322052002