O mural do ferrocarril da Pobra de San Xiao, feito por Diego As, xa está case rematado

SarriaXa
Xa está case rematado o gran mural elaborado por Diego As para a Pobra de San Xiao, en Láncara, que ocupa 225 metros cadrados da superficie do lateral dun edificio da Rúa Antonio López Quiroga e que se pode vislumbrar desde a nova rotonda de entrada á vila desde a LU-546.
mural A Pobra de San Xiao Diego AS portada
7 Feb 2024

Xa está case rematado o gran mural elaborado por Diego As para a Pobra de San Xiao, en Láncara, que ocupa 225 metros cadrados da superficie do lateral dun edificio da Rúa Antonio López Quiroga e que se pode vislumbrar desde a nova rotonda de entrada á vila desde a LU-546.

Este mural é un dos máis grandes dos que ten feitos o artista lucense, pero tamén é un dos máis complexos, xa que ten un gran nivel de detalle para poder ofrecer oas veciños de Láncara unha representación do seu pasado ligado ao ferrocarril que pasaba polo medio da vila ata 2018.

Así, neste mural represéntase o último ferrocarril e o último día de traballo do xefe da estación, que está representado coa corneta e a gorra propia da súa profesión, mentres transmite nostalxia coa mirada.

O mural comezou a pintarse en decembro, cando Diego Anido tivo que soportar algúns problemas debido aos cambios de tempo, obrigando ao artista a parar durante un mes, pero agora, estas últimas dúas semanas, realizou un traballo intensivo que permitiu que a poida rematar nuns días.

0.064194917678833