O museo Paixón Motor Slot de Julio Páramo podería establecerse no antigo Cinema Cissa de Sarria
O museo Paixón Motor Slot de Julio Páramo podería construírse no antiguo Cinema Cissa de Sarria, xa que enxeñeiro técnico industrial aficionado ao motor ten un “vínculo emocional” co edificio ao ter predido o cineclub A Unión.
Porén, segue baraxando outras opción porque, aínda que é un edificio que pode servir para contar a historia do automóbil de competición durante máis dun século a través dunhas 3.000 miniaturas eléctricas do tipo Slot Car, ten un custo elevado.
Para levar a cabo o museo, habería que mercar o emprazamento e despois rehabilítalo mantendo as partes orixinais segundo un anteproxecto que xa está feito. Para isto, ten que procurar financiamiento público ou privado.
O museo Paixón Motor Slot, único en Europa
O futuro Museo Paixón contará con 3.000 unidades de coches de Slot a escala 1/32 que representan unhas 80 marcas de vehículos reais e 700 miniaturas estáticas de automóbiles a escala 1/43.
Así, o Motor Slot, segundo Páramo, será o primeiro de Europa con coches de slot como colección principal e diferenciarase dos outros dous que hai en Estados Unidos en canto a súa orientación, que vai cara ao automóvil real e de competición.
Ademais, Páramo quere non só crear un museo único, senón tamén fomentar en Sarria unha actividade turística e económica ao redor do sector e da hostelería, así como fomentar a colaboración con institución académicas e industrias do automóbil para fomentar este sector.
Para os que queiran coñecer o que será o futuro museo, poden visitar ata o vindeiro 26 de febrero o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), onde están expostas preto de 550 miniatutas de coches de Julio Páramo.