O Museo Paixón Motor Slot do sarriao Julio Páramo estivo presente na Expo Rácing Galicia
O sarriao Julio Páramo, promotor do Museo Paixón Motor Slot, promoveu unha mini exposición temática con temática 'O Rally' na primeira edición do Expo Rácing Galicia, que tivo lugar esta fin de semana no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Da man dos coleccionistas Manuel Arias e Carlos, mostraron na exposición diversos temas: Os irmáns Vallejo, clásicos galegos do rally, pilotos galegos na actualidade, rally de Montecarlo e Grupo B, campionatos de España, e Carlos Sainz e Luis Moya.
Desta maneira, quixeron achegar o tema do rally pola súa importancia en Galicia, xa que "é un fenómeno tanto deportivo como cultural. Aquí a afección chega moito máis alá da simple contemplación dunha competición a pé de estrada. É enorme a cantidade de xente implicada a todos os niveis e a cantidade de recursos que se dedican a esta actividade", destaca Páramo.