O Museo Provincial de Lugo expón unha escultura do artista sarriao Gregorio Fernández

LugoXa | SarriaXa
O mecenas Adolfo Autric Amarillo de Sancho foi o autor deste depósito ás coleccións de arte do Museo
Escultura-Gregorio-Fernández-no-Museo-Provincial
14 May 2024

O Museo Provincial de Lugo incorpora á súa exposición unha nova escultura, concretamente a Madalena Penintente do escultor sarriao do Barroco Gregorio Fernández.

O mecenas Adolfo Autric Amarillo de Sancho foi o autor deste depósito ás coleccións de arte do Museo, proporcionando unha imaxe que representa a Madalena Penitente segundo a iconografía barroca da época. Antes deste depósito, esta peza estivo exposta no Museo de Belas Artes de Córdoba. Agora atópase en Lugo a disposición de toda a cidadanía. Así, esta é a única obra atribuída a Gregorio Fernández que se amosa neste museo na sala 6 dentro dunha vitrina ad hoc.

O sarriao Gregorio Fernández desenvolveu a maior parte da súa produción artística no seu obradoiro de Valladolid desde donde surtía múltiples peticións de traballos. Así, é o escultor máis representativo da escola barroca castelá ou vallisoletana e o maior imaxineiro do seu tempo, sendo recoñecido e seu labor tanto en vida, con numerosos encargos, como trala súa morte, na historia da arte.

Desde o Museo Provincial de Lugo agradecen profundamente o depósito desta escultura de vulto redondo en madeira tallada e policromada, realizado a cinco anos prorrogables, por parte de Adolfo Autric, "así como as xestións do xornalista Paco Rivera cuxo impulso e interese fixeron posible esta realidade de ter representación da produción artística de Gregorio Fernández no MPL", defenden.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17688393592834