O músico Abraham Cupeiro será o pregoeiro das festas do San Xoán 2023

SarriaXa
O músico  e multiinstrumentista sarriao Abraham Cupeiro será o pregoeiro das festas do San Xoán  2023 do Concello de Sarria
abraham cupeiro
9 Abr 2023

O músico  e multiinstrumentista sarriao Abraham Cupeiro será o pregoeiro das festas do San Xoán 2023, que se celebrarán entre os días 23 e 27 de xuño e que repetirán ubicación na rúa  Castelao e a súa contorna tras a boa acollida da anterior edición.

Abraham Cupeiro, que estudou trompeta no Real Conservatorio Superior de Música de  Madrid e realizou posteriormente un Máster en Interpretación da Música Antiga na  Universidade Autónoma de Barcelona, formou parte desde moi novo de grupos de folk,  jazz e música antiga.

Desde hai anos destaca polo seu labor de recuperación de instrumentos perdidos no  tempo e a súa utilización para crear novas sonoridades e incorporalos a músicas alleas  ao seu estilo orixinal. Como instrumentista, é unha das poucas persoas do mundo que  toca o Karnyx -trompleta celta da Idade de Ferro- e o seu interese pola organoloxía  levouno a reunir unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de  distintas épocas.

O rexedor local, Claudio Garrido, indicou que “Abraham Cupeiro é un sarriao que exerce como tal e que  acostuma a mencionar as súas orixes alí onde ten oportunidade” e resaltou que  “actualmente é un dos grandes embaixadores da cultura galega e tradicional tanto a  nivel nacional como internacional”. “É unha honra que teña aceptado a invitación para  ser o pregoeiro do San Xoán 2023”, engadiu.

0.17552900314331