O Muvicla achega a historia agrícola galega ao Museo do Pobo Galego

SarriaXa
O arado tipo “Cambela” que donan ao Museo mostra a transición da gandería trashumante á agricultura prerromana
antigo-arado-Muvicla
15 Nov 2025

O Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla) de Láncara participou no “Coloquio Galego de Museos Locais”, celebrado no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, ao que fixeron entrega dun arado tipo “Cambela”.

Esta tecnoloxía, introducida en Galicia polos pobos prerromanos, evidencia a transición da gandería trashumante á agricultura e permite amosar ao público a historia ancestral da nosa terra.

O Muvicla mantén outra unidade do arado, que xa estivo presente no pasado na mostra Coidamos da terra, coidamos da xente, celebrada durante todo o mes de xullo na Casa de Galicia en Madrid.

Ambos exemplares foron doados polo falecido veciño de Gundián, Baralla, D. Manuel Fernández Capón, quen destacou pola súa xenerosidade e comprensión da importancia de transmitir a memoria histórica para proxectar mellor o futuro.

⚙ Configurar cookies
0.080852031707764