O Muvicla celebra esta tarde o evento 'O glamour é do máis rural que hai'

SarriaXa
O Muvicla celebra esta tarde o evento 'O glamour é do máis rural que hai', con miniaturas do Museo Paixón Motor Slot
Exposición Muvicla
24 Xuño 2023

Esta tarde, desde as 18.00 e ata as 20.00 horas, o Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción agraria (Muvicla) de Láncara organiza 'O Glamour é do máis rural que hai'.

O evento comezará coa interpretación musical do orfeón Schola Gregoriana Lucensis, que dará pé á conferencia 'Orixe agrario de Aston Martin', por parte de Rubén Abelaira, da Asociación Lucense de Automóbiles Antigos. Ademais, contarán coa exposición de 17 miniaturas exclusivas de Aston Martin da colección Paixón Motor Slot de Julio Páramo e 5 David Brown locais.

Durante a xornada, a presidenta da Asociación de Amigos do Muvicla, María J. Bande, dará a benvida aos asistentes e Ismael Moeda Doval, profesor de mantemento de vehículos no IES Daviña Rei de Monforte, inagurará o evento; mentres que Brais Vázquez, director junior do Muvicla, será o encargado de presentar a iniciativa.

Xa ás 19.00 horas será a quenda da mesa redonda, na que participarán diversas persoas do sector agrario e da comunicación e, despois, clausurarase a xornada, da man de Rocío Polín, escritor de Castroverde, e da interpretación musical. Por último, ás 20.00 horas haberá unha degustación de produtos galegos.

0.074321031570435