O Muvicla clausura a súa mostra ‘Coidamos da terra. Coidamos da xente’ na Casa de Galicia en Madrid

SarriaXa
O evento comezará coa proxección do documental ‘Primeira peregrinación a Santiago de Compostela en tractor de época’
Mostra-Muvicla
30 Xul 2024

Esta tarde, a partir das 19.00 horas, terá lugar a clausura da exposición ‘Coidamos da terra. Coidamos da xente’ organizada polo Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria (Muvicla) na Casa de Galicia en Madrid.

Desta maneira, o evento comezará coa proxección do documental ‘Primeira peregrinación a Santiago de Compostela en tractor de época’, e logo presentarase a publicación ‘alternativas al uso del petróleo en aplicaciones agrícolas’ por María J. Bande, presidenta de Muvicla e doutora enxeñeira agrónoma e investigadora do CIAM.

Ademais, presentarase o proxecto ‘Agricolae Mundi’ da man de Miguel Agulló Velasco, presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Graos de Enxeñería Agroalimentaria de Alicante.

Finalmente, o acto rematará cunha actuación musical de percursión e gaita e cunha degustación de produtos galegos que poderán desfrutar todas as persoas que se acheguen ao acto ata completar o aforo.

0.16097903251648