O Muvicla de Láncara organiza unha serie de conferencias na Casa de Galicia en Madrid

SarriaXa
Terá lugar este xoves, 18 de xullo, ás 19.00 horas á que poderán acudir todas as persoas interesadas con acceso libre ata completar aforo
Mostra-Muvicla
16 Xul 2024

O Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (MUVICLA) de Láncara organiza unha serie de conferencias na Casa de Galicia de Madrid no marco da exposición ‘Coidamos da terra. Coidamos da xente’.

Así, terá lugar este xoves, 18 de xullo, ás 19.00 horas á que poderán acudir todas as persoas interesadas con acceso libre ata completar aforo. Será presentada e moderada por Carlos Gilarranz Casado.

Así, as conferencias serán: ‘Territorio y agricultura, aprendiendo del pasado, mirando al futuro’ de Quico Ónega, enxeñeiro agrónomo e investigador do Laboratorio do Territorio da USC; ‘El Glamour es de lo más rural que hay’, de Brais Vázquez, da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo; e ‘Da Escola á Granxa’, de Carlos A. Rodríguez, enxeñeiro agrónomo da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.

0.1186192035675