O muvicla organiza a terceira edición do encontro sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

SarriaXa
O museo vivo e integrado do campo e da locomoción agraria (Muvicla) de Trasliste, en Láncara, organiza a terceira edición do encontro sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas o vindeiro 7 de marzo.
28 Feb 2024

O museo vivo e integrado do campo e da locomoción agraria (Muvicla) de Trasliste, en Láncara, organiza a terceira edición do encontro sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas o vindeiro 7 de marzo.

A xornada comezará así ás 10.00 horas e acollerá diferentes conferencias a partir das 10.55 horas, coa primeira de Juan Rodríguez sobre Economía circular y descarbonización, a das 12.00 horas de Anselmo Ayala sobre Acercamiento al proyecto LIFE ATENA, ás 12.30 horas a de Guillermo Rodríguez sobre Método biointensivo de producción ecológica de alimentos a pequeña escala sin uso de combustibles fósiles e ás 13.00 horas de Javier José Cancela sobre La agricultura como fuente de energía y almacén de CO2.

Despois dunha visita guiada ás 13.30 horas polas instalacións do museo e un xantar conxunto, ás 16.00 horas terá lugar unha mesa redonda baixo o nome de Agricultura y alimentación, ¿con qué energía?; ás 18.00 horas presentaranse as publicacións de anos anteriores e ás 18.15 clausurarase o evento, coa interpretación musical Airiños Aires.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15458106994629