O Muvicla recibiu un premio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Centro

SarriaXa
O Muvicla recibiu un premio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Centro a pasada semana nun acto en Madrid
muvicla premio
5 Jun 2023

O Museo Vivo de Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria de Láncara vén de recibir o premio "Desarrollo Agrícola, Ganadero y Turístico Rural" do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Centro.

Durane a súa convocatoria internacional de premios de San Cidre, entregaron o premio aos promotores do MUVICLA na Escola Técnica Superior de Enxeñería Agronómica, Alimentaria e de Biosistemas da Universidade Politécnica de Madrid.

Así, neste encontro, compartiron o premio con personalidades do mundo da alimentación, agronomía e prensa con recoñecido prestixio a nivel internacional.

Desde o Museo quixeron agradecer ao tribunal “por elixirnos, á máxima autoridade de Galicia en Madrid, D. Juan Carlos Serrano, delegado da Xunta de Galicia en Madrid, e director da Casa de Galicia, que nos acompañou ao longo de todo o evento, e nos recibiu nas instalacións da casa de Galicia para felicitarnos”, sostiveron.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16156101226807