O Muvicla será o punto de encontro dunha actividade de construír charcas para anfibios
SarriaXa
A Asociación Corripa organiza este sábado, 14 de outubro, unha actividade gratuíta para todas as persoas interesadas que consistirá en construír charcas para anfibios, xa que explican "son o grupo de animais máis amenazados".
10 Out 2023

A actividade, que terá o seu punto de encontro no MUVICLA, en Trasliste, Láncara; comezará ás 10.00 horas do sábado e os participantes deberán levar botas de chuvia para poder levar a cabo o proxecto sen mollarse moito.
Tamén din que será importante levar "ganas de aprender", xa que o seguro, o material e a comida é responsabilidade da asociación. As persoas interesadas en apuntarse poderán facelo a través do correo info@asociacioncorripa.org.