O Napalm Fest celebra o seu 20 aniversario cun concerto de adianto en Sarria

SarriaXa
O Buril organiza en setembro un ‘warm up’ con catro bandas de metal de Asturies e Madrid e entrada con billeteira inversa
buril-napalm-fest
26 Sep 2025

O Napalm Fest cumpre dúas décadas como referente da escena underground e para comezar antes a conmemoración do seu XX aniversario, a asociación cultural O Buril ACDE de Sarria organiza un concerto especial de adianto. O warm up terá lugar o 27 de setembro nas instalacións da entidade e dará a benvida ao outono coa mellor música en directo.

O cartel do concerto reúne a catro bandas: As Life Burns, de metalcore e procedente de Asturies, Chamako Wey, grupo asturiano de groove metal, La Menäce, formación madrileña de crust, e Havenlost, chegados tamén de Madrid cun estilo máis próximo ao melodic hardcore.

A cita comezará ás 21.00 horas e contará cun sistema de entrada mediante billeteira inversa, polo que será o público quen decida a aportación económica ao finalizar o evento. Con esta proposta, o Napalm Fest abre as súas actividades conmemorativas nunha edición moi especial polo seu vinte aniversario.

⚙ Configurar cookies
0.09509801864624