O novo espazo da Trienal Sarria será inagurado o vindeiro 23 de xuño
SarriaXa
No novo espazo realizaranse as exposicións e actividades centrais que articulan a proposta de TST1
29 May 2024
A Trienal Sarria xa conta co seu espazo propio e autónomo, onde se realizarán as exposicións e actividades centrais que articulan a proposta de TST1.
O programa, co título de 'Arquipélago Interior', tamén se extenderá a outros puntos e dotacións culturais da vila e comarca de Sarria.
Baixo o nome de A SEDE, este antigo recinto industrial convértese nun novo espazo aberto á veciñanza, á partilla e á experimentación que será inaugurado o próximo 23 de xuño cunha serie de concertos e performaces de acceso gratuíto.