O núcleo do Tracastro, no Incio, está cada vez máis preto de poder ser rehabilitado como aldea modelo

SarriaXa
O Concello do Incio vén de adquirir a antiga casa reitoral de Tracastro, un molino e unha leira con motivo da construcción da aldea modelo de Tracastro, para o que se prevé a rehabilitación integral deste núcleo.
Tracastro O Incio
7 Xan 2024

O Concello do Incio vén de adquirir a antiga casa reitoral de Tracastro, un molino e unha leira con motivo da construcción da aldea modelo de Tracastro, para o que se prevé a rehabilitación integral deste núcleo.

En total foron máis de 90.000 euros o presuposto dedicado para a compra destes inmobles, que puido facerse grazas á financiación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Así, a reitoral foi mercada ao Obispado e o molino e a leira a uns particulares, aínda que o Concello intenta tamén mercar un segundo molino en Tracastro para incluílo no proxecto.

Pola súa parte, a Fundación RIA, creada polo arquitecto David Chipperfield, gañador dun premio Pritzker; está a elaborar un plan de dinamización da aldea modelo e, a través del, establecerase o uso dos inmobles adquiridos.

0.15438294410706