O obradoiro de iniciación ao toque de pandeiro cadrado aprázase pola celebración do Entroido

SarriaXa
O obradoiro, que aínda non ten nova data, pretende impulsar a aprendizaxe e a posta en valor da tradición musical galega
construción-dun-pandeiro-cadrado-Peleriños-Sarria
17 Feb 2026

A Asociación Cultural Peleriños apraza o II obradoiro de iniciación ao toque de pandeiro cadrado debido á celebración do Entroido do Concello de Sarria, que se cancelou na data prevista de celebración, o pasado domingo, 15 de febreiro, por mor do mal tempo.

Este obradoiro, que aínda non ten nova data confirmada de celebración, consiste na construción do pandeiro cadrado, permitindo agora ás persoas participantes avanzar no coñecemento e na práctica deste instrumento tradicional.

No mes de decembro, houbo unha primeira toma de contacto coa construción do pandeiro cadrado, e en xaneiro celebrouse o primeiro obradoiro obradoiro dedicado á iniciación no toque do pandeiro cadrado que, tivo tanto éxito, que desde a Asociación Peleriños decidiron facer unha segunda edición.

Así, a actividade, guiada polo músico Roberto Rodríguez Páramo, busca achegar tanto a socias como a persoas interesadas en xeral ás técnicas básicas de interpretación, fomentando a aprendizaxe, a convivencia e a posta en valor da tradición musical galega.

⚙ Configurar cookies
0.072667121887207