O orzamento de 14,5 millóns de euros de Camiña Sarria sairá adiante se non hai unha alternativa da oposición

SarriaXa
O orzamento presentado por Camiña Sarria para este ano 2024, que ascendía a 14,5 millóns de euros, aprobarase esta semana se ningún grupo da oposición presenta unha moción de censura e un candidato ou candidata á Alcaldía.
6 Maio 2024

O orzamento presentado por Camiña Sarria para este ano 2024, que ascendía a 14,5 millóns de euros, aprobarase esta semana se ningún grupo da oposición presenta unha moción de censura e un candidato ou candidata á Alcaldía.

O pasado mes de marzo, o alcalde, Claudio Garrido, levou a pleno extraordinario a proposta destes presupostos que superaban en máis dun millón de euros os propostos en 2023, que tampouco saíron adiante no seu día. Tras o pleno e a votación en contra da oposición, comezou un prazo de 30 días no que os partidos da oposición tiveron que explorar as opción posibles entre os demais grupos parlamentarios para chegar a un acordo. Así, o día 10 de maio vence o prazo e, de non haber, unha alternativa, aprobaranse os orzamentos de Camiña Sarria.

A pesar de que a oposición elude á “perda de confianza” da oposición no alcalde, así como existe un informe de Intervención desfavorable ao proxecto de orzamentos municipais, ao apreciar ingresos inxustificados, todo parece indicar que sairán adiante, xa que para haber un pacto deberían pórse de acordo os tres partidos da oposición, PP, PSOE e BNG, tendo en conta que as posturas entre PP e BNG son moi alonxadas.

0.17068815231323