O orzamento de 14,5 millóns de euros proposto polo Goberno de Camiña Sarria entra en vigor
O orzamento de 14,5 millóns de euros proposto polo Goberno de Camiña Sarria entra en vigor despois de publicarse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e despois de non ser admitida a alegación do PSOE pola cal os socialistas sostiñan que “infrinxe o principio de estabilidade orzamentaria”.
O alcalde, Claudio Garrido, resolveu a cuestión a través dun decreto no que rexeita a alegación do concelleiro Diego López por entender que tivo mecanismos para opoñerse a ditos presupostos, como a votación en contra no pleno ou a posibilidade de firmar unha moción de censura en contra do Goberno loca, polo que a alegación socialista quedou inadmitida.
Desta maneira, e a través da cuestión de confianza do Goberno local, quedan aprobados os orzamentos de 14.526.469 euros para o ano 2024 no municipio de Sarria, que irán destinados a gastos correntes en bens e servizos, en gastos de persoal e o presuposto da residencia de maiores, de case 2 millóns de euros (1.820.182 euros).