O pallaso Dani Blanco ofrecerá un espectáculo na biblioteca de Láncara este venres

SarriaXa
Así, será o Circo na Biblioteca, da man de Dani Blanco, a partir das 16.00 horas deste venres, unha actividade dirixida a público familiar
Biblioteca-municipal-de-Láncara
15 Out 2024

O Concello de Láncara promove unha nova actividade, da man da Rede de Bibliotecas de Galicia e o programa Ler conta moito para o vindeiro 18 de outubro.

Así, será o Circo na Biblioteca, da man de Dani Blanco, a partir das 16.00 horas deste venres, unha actividade dirixida a público familiar e con entrada gratuíta.

Blanco naceu en Cangas no ano 1981 e é pallaso, bufón, improvisador e narrador oral; así como tamén é licenciado en Matemáticas.

0.17483305931091