Paradela e Oural son os equipos de Sarria que están a loitar polo ascenso a Primeira

SarriaXa
En Segunda Galicia ya están jugando la segunda fase de la liga donde el SD Paradela está luchando por el ascenso a Primera.
SDPARADELA (10)
7 Abr 2022

Os equipos da comarca de Sarria que xogan en Segunda Galicia comezaron a segunda fase da liga no mes de marzo. Polo de agora, levan xogadas 3 ou 4 xornadas, depende do grupo, nas que se xogan o ascenso a primeira ou o descenso a terceira.

No grupo de ascenso 2 quedaron loitando polo ascenso o Paradela e o Oural. O Paradela, que no último enfrontamento contra o Chantada B gañou pola mínima. O encontro comezou cunha superioridade visitante, onde Jordi do Chantada B logrou encaixar o 0-1 no minuto 8 mantívose con este resultado ata o 70’ cando Adrián, dos locais, empatou o marcador. Case ao final do enfrontamento, Diego logrou sacar vantaxe e anotou o 2-1 que se mantivo ata o final outorgándolle a vitoria aos de Paradela, que pasan a ocupar o cuarto posto da clasificación con 9 puntos, empatado co Milagrosa e tan só cun punto de diferencia co segundo da clasificación, o Antas.

O Oural non tivo tanta sorte e perdeu no encontro que xogou contra o Milagrosa. Os locais puxéronse por diante collendo vantaxe no minuto 30 e, malia que no 73' os da comarca de Sarria lograron empatar, os lucenses volveron anotar facéndose coa vitoria. Esta derrota deixa ao Oural na sexta posición da clasificación.

No grupo de permanencia 1, no que levan xogados 4 partidos, O Páramo ocupa o terceiro lugar da táboa despois da xornada de descanso desta fin de semana. Conta con 8 puntos, empatado co segundo da clasificación e a tan só 4 puntos do primeiro. O seguinte enfrontamento terá lugar o 9 de abril contra o Quiroga.

No grupo de permanencia 2, xogaron 3 partidos, dos cales O Incio tan so foi quen de gañar o primeiro contra o Bóveda. O seguinte contra o Palas perdeu 1-0 e o último foi contra o Corgo no que a derrota foi de 1-3. Desta forma, ocupa o terceiro posto da clasificación con 7 puntos.

0.064054012298584