O Paradela, único equipo de Sarria con oportunidade de ascender
A falta de tres xornadas no grupo de ascenso, o Paradela é o único equipo da comarca de Sarria que ten oportunidades para ascender. Na actualidade, conta con 12 puntos, catro menos que o líder polo que os seguintes partidos serán cruciais para o futuro do equipo. Na vindeira xornada enfrontarase ao Ferreira.
Por outra banda, o Oural ten asegurada a súa permanencia, polo que na seguinte temporada, xogará en Segunda. Malia que venza todos os partidos que quedan será insuficiente para superar os puntos actuais do cabeza de lista. Na actualidade, o equipo sarriao ten 6 puntos e, aínda que sume os outros 6, en caso de gañar, non superará os 16 do primeiro da táboa.
No grupo de permanencia 1, o Páramo empatou o seu encontro co SP Lucense. O porteiro do equipo da comarca de Sarria parou un penalti no minuto 90, liberando ao seu equipo dunha derrota. Desta forma, o próximo partido é importante para os parameses, que precisan gañar para colocarse primeiros, todo o que non sexa a vitoria, déixaos terceiros, a mercede do descenso.
No grupo de permanencia 2 decidirase cal é o equipo que descende a Terceira a próxima fin de semana, estando en perigo O Incio e o Bóveda. Xa que o Incio ten na actualidade 7 puntos e o Bóveda 5.