O paradelense Jesús María Castro Abella vén de cumprir 100 anos

SarriaXa
Desde o Concello de Paradela entregáronlle uns agasallos, compostos por placa conmemorativa, un pin co escudo do Concello de Paradela, e un ramo de flores
veciño-centenario-Paradela
21 Dec 2024

O veciño de Paradela Jesús María Castro Abella vén de cumprir 100 anos, polo que desde o Concello de Paradela quixeron felicitarlle e entregarlle uns agasallos, compostos por placa conmemorativa, un pin co escudo do Concello de Paradela, e un ramo de flores.

Jesús María celebrou o seu centenario acompañado por toda a súa familia, na que se xuntaron varias xeracións e tamén recibiu felicitacións por videoconferencia de familiares residentes na Arxentina.

O seu sobriño e o resto da familia estaban moi emocionados de poder xuntarse e celebrar este día tan especial para o seu tío.

Pola súa parte, Jesús mostrouse emocionado e moi contento polas mostras de cariño recibidas, e sobre todo por poder contar coa súa familia ao seu carón nun día tan especial.

⚙ Configurar cookies
0.47564291954041