O Páramo acolle a presentación da guía turística 'O Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa'
SarriaXa
O acto, que terá lugar ás 12.00 horas, será aberto para a participación de todos os veciños, veciñas e persoas interesados en coñecer esta guía
25 Nov 2024
A Casa do Concello do Páramo acolle este martes, 26 de novembro, a presentación da guía turística 'O Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa'.
O acto, que terá lugar ás 12.00 horas, será aberto para a participación de todos os veciños, veciñas e persoas interesados en coñecer esta guía turística.
A guía foi creada co obxectivo de promocionar os atractivos turísticos da rexión, incluíndo as súas paisaxes, patrimonio cultural, gastronomía e outras propostas de interese para visitantes.
Esta nova ferramenta pretende fortalecer o turismo na comarca, destacando os puntos máis relevantes de Lugo e as terras de Ulloa.