O Páramo acolle a proba de descenso BTT DH Molinos, puntuable para a Copa de España

GaliciaXa | SarriaXa
O evento incluirá tamén unha categoría infantil autonómica e busca promover o deporte e o turismo na zona
BTT-DH-Molinos-O-Paramo-2025
27 May 2025

O Páramo acollerá os días 31 de maio e 1 de xuño a proba de descenso en bicicleta BTT DH Molinos, puntuable para a Copa de España desta modalidade.

O DHG Team de Sarria, organizador do evento, agarda uns 160 participantes, e que conta cun trazado espectacular polos montes do Páramo. Ademais das categorías que competirán a nivel nacional, acollerá unha categoría infantil de carácter autonómico para ofrecer aos máis pequenos a oportunidade de desfrutar tamén desta proba.

Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, encadrou "o apoio a proba na colaboración co DHG Team, cunha traxectoria moi destacada na promoción desta modalidade na provincia, a través da organización de probas pero tamén da formación das rapazas e rapaces de Sarria e da comarca", e destacou "a importancia deste tipo de competicións para a proxección estatal do tecido deportivo da provincia e a participación das e dos deportistas lucenses e galegos"

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, pola súa parte, sinalou que esta actividade vai en liña coas accións da Xunta en favor da promoción do deporte, o respecto polo medio natural e a dinamización do territorio. Tamén destacou que esta será unha oportunidade para poñer en valor a riqueza paisaxística da zona e o seu potencial para fomentar o turismo deportivo.

⚙ Configurar cookies
0.14950680732727